Gran acollida, no estreo en Catalunya, da obra ‘O Ferreteiro de Santán’ a cargo da compañía ‘Andoriña’

A compañía de teatro ‘Andoriña’, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, que dirixe Amelia López, puxo en escena, o pasado sábado, 28 de xuño e con gran éxito de público, a obra ‘O Ferreteiro de Santán’, adaptación da propia compañía ‘Andoriña’ do libro de Manuel Daniel Varela Buxán ‘O Ferreiro de Santán’.

Gran acollida, no estreo en Catalunya, da obra ‘O Ferreteiro de Santán’ a cargo da compañía ‘Andoriña’
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Os actores, nun intre da obra.

A compañía de teatro ‘Andoriña’, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, que dirixe Amelia López, puxo en escena, o pasado sábado, 28 de xuño e con gran éxito de público, a obra ‘O Ferreteiro de Santán’, adaptación da propia compañía ‘Andoriña’ do libro de Manuel Daniel Varela Buxán ‘O Ferreiro de Santán’.

O auditorio de Sant Ildefons de Cornellá, que foi inaugurado hai poucos días, fixo o seu primeiro cheo. Unha obra de teatro en galego foi a causante. Cun elenco de máis de vinte actores, que van desde os once anos ata seus avós todos eles socios da entidade galega de Cornellá, presentáronnos una tarde moi especial e enriquecedora a través do teatro en galego.

A compañía ‘Andoriña’, con máis de vinte anos de andadura e un bo feixe de obras do teatro galega xa representadas, entre elas ‘Os vellos non deben de namorarse’, seu último traballo, presentou para o próximo ciclo ‘O Ferreteiro de Santán’, una comedia costumista, que se desenvolve na ferretería dunha aldea de Pontevedra, aló polo ano 1917. Esta obra, con adaptación da compañía, consta de dous feitos, con distintos cadros polos que van pasando os personaxes que van retratando a vida social e política da bisbarra. Todos eles levan una onza de “ser galego” con ironía. O caciquismo que reina na bisbarra, coas súas varas de medir e amañar o mundo, se afronta ás novas xeracións que veñen con outras miras. Ao final, como non podía ser doutro xeito, gaña o amor, que tamén esta presenta na trama.

Manuel D. Varela Buxá naceu na parroquia de Lamas, concello da Estrada (Pontevedra) en 1909, faleceu no ano 1986. Emigrou á Arxentina, durante a travesía escribe a súa primeira obra de teatro, na Arxentina fundou a compañía de teatro galego ‘Aires da Terra’, que máis tarde se chamou ‘Maruxa Villanueva’,en 1938 se estrea a súa primeira obra ‘Seillo non volvo á casa’. Alí fixo amizade con Castelao e puxo en escena por primeira vez a obra deste, ‘Os Vellos non deben de namorarse’.

Regresa a Galicia en 1950 e establecese como practicante en Cercio (Lalín). Escribiu unhas 29 pezas teatrais cheas de amor e añoranza da terra galega: ‘O Ferreiro de Satán’, ‘Taberna sen doo’, ‘A xustiza dun muiñeiro’, ‘Ou cego de Fornelos’ son algunha delas.