TRIBUNA ABIERTA MARÍA XOSÉ PORTEIRO

Francisco Lores, “un rebelde con causas, un irmán que estivo sempre preto”

| 24 Mayo 2018 - 14:25 h.
María Xosé Porteiro.
María Xosé Porteiro.

Francisco Lores que naceu co arrecendo mariño, e está xa na súa compaña, probablemente cantando algún tango coa súa voz grave e ben entonada, ou palmeando un alalá. Compartirá anécdotas e lembranzas con todos eles e non temos por que pensar que isto sexa unha fantasía porque a derradeira vez que compartín tertulia con él, contoume a súa extraordinaria viaxe desde a mesa dun quirófano ata as portas do ceo: o seu tránsito pola luz, logo dun percorrido polo Grove, onde fora despedíndose das persoas queridas, e o susto que levou cando estaba a piques de entrar no máis alá e de súpeto abriu os ollos. Enfronte viu un anxo na cara da súa amada filla que tirou del ata volvelo a este mundo material. Estabamos sentados na terraza dun café, en Vigo, e, entre sorrisos cómplices, confirmei a miña impresión de ter coñecido a un espíritu inmorrente.

Hoxe teño o privilexio de dar traslado da primeira medalla que o Consello da Cultura outorga a título póstumo, a un rebelde con causas, a un irmán que estivo sempre preto sen lle importar as distancias. Medalla que recollen a súa filla e secretaria da Federación de Sociedades Galegas, Dona Lorena Lores Doural, e Don Diego Fernández Duro, Presidente actual da mesma, e que se lle concede “polo seu compromiso coa preservación do patrimonio galego en Arxentina e a memoria da emigración republicana no país”. Así, expresamos a vontade de coidar do seu legado e confirmamos a gratitude que na galeguidade toda lle debemos a quen na Galicia Austral, chamaron, afectuosamente, Comandante: Don Francisco Lores Mascato, galego universal: Presente!

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Libros de Crónicas de la Emigración

Colección Cronicas de la Emigración

Gallegos en Cuba

Hemeroteca