CELEBROUSE TAMéN A FESTA GASTRONóMICA, DEDICADA ESTE ANO AO ‘PULPO’

A Festa das Letras Galegas encheu a cidade de Rubí de tradicións, música e cultura galegas

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Silvia Castañeda, celebrou o pasado fin de semana a 34ª edición da Festa das Letras Galegas, na que se homenaxeou ao escritor Filgueira Valverde, e tamén a festa gastronómica dedicada este ano ao ‘Pulpo’.

A Festa das Letras Galegas encheu a cidade de Rubí de tradicións, música e cultura galegas
FESTA- GRUPO DA IRMANDADE RUBI 6
Numerosas personas celebraron el Día das Letras Galegas en Rubí.

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Silvia Castañeda, celebrou o pasado fin de semana a 34ª edición da Festa das Letras Galegas, na que se homenaxeou ao escritor Filgueira Valverde, e tamén a festa gastronómica dedicada este ano ao ‘Pulpo’. O festexo tivo lugar, novamente, na Rambla do Ferrocarril, onde os ‘rubinencs’, xunto cos visitantes de fóra da cidade, gozaron da gastronomía, música e danza típica de Galicia, así como doutras comunidades autónomas.

Desde o venres ata o domingo, a céntrica rúa, así como a cidade de Rubí, vestiuse de galega. A Irmandade Galega apoderouse das súas rúas, e fixo as delicias dos asistentes ao longo de todo o fin de semana. Un ano máis, a Festa das Letras Galegas encheu a cidade de tradicións, música e cultura galegas. Entre os grupos musicais que ofreceron as súas actuacións atopamos a grupos galegos como Rosalía de Castro de Cornellá, Saudade de Barcelona, Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, e o da propia entidade organizadora, así como o da Unión Estremeña de Rubí e o grupo de musica fol Abrairas de Valladolid como convidado especial, ademais das orquestra galega Breixa Ban e o grupo Mediterraneo as tarde-noites do fin de semana, comidas, danzas, queimadas, pasacalles conseguiron que máis de dous milleiros de ‘rubinencs’ acudisen ao encontro. A presidenta da Irmandade Galega, Silvia Castañeda, unha veterana na organización desta celebración, destacou que “estamos moi contentos. Desde que facemos aquí no corazón dá a cidade esta festa e a xente responde masivamente coa súa asistencia ás principais actuacións”.

A festa empezou o venres cun servizo de gastronomía que, como sempre, ofreceu pop, orella de porco e pementos do Padrón, xunto cos viños galegos. E pola noite, actuación da orquestra.

O sábado foi o día máis denso de actividades, durante a mañá celebrouse un pasacalle que se iniciou na sede da Irmandade Galega, pasou polo Concello, e finalizou na Rambla, onde se celebraron a maioría dos actos; e pola tarde os asistentes gozaron grazas ás actuacións de música e danza galega a cargo de grupos musicais, ademais da verbena a cargo da orquestras.

A presidenta da Irmandade, Silvia Castañeda, mostrouse moi satisfeita coas actuacións musicais desta 34ª edición da Festa das Letras Galegas en Rubí e afirmou que tanto coas orquestras como cos diferentes actos disfrutou numeroso público.