O grupo de teatro Andoriña puxo en escena a obra ‘O Menciñeiro á forza’

Feira do Polbo e teatro galego na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, que preside Oliver Fernández Expósito, organizou o sábado 29 de febreiro, un ano máis, a Feira do Polbo, coa participación do amigo Bernat Aranaz, que xunto co restaurante da Asociación, foron os encargados do evento.

Feira do Polbo e teatro galego na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà
FETA-PULPO2020 (13)
Numerosos socios e amigos degustaron o polbo.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, que preside Oliver Fernández Expósito, organizou o sábado 29 de febreiro, un ano máis, a Feira do Polbo, coa participación do amigo Bernat Aranaz, que xunto co restaurante da Asociación, foron os encargados do evento. Contaron coa sabedoría dun esperto de cociñalo ao estilo das feiras galegas, como é Germán, que veu desde o Carballiño (Ourense) cos seus apetrechos, e sobre todo a materia prima, o polbo ou pulpo, como mellor lles guste. Así a praza que se atopa diante da sede da entidade adornouse con produtos típicos de Galicia, onde o polbo foi o protagonista.

O evento contou con numerosos socios e amigos da entidade, así como veciños de Cornellà que acudiron para degustar un dos produtos estrela do mar galego.

Teatro

Pola tarde, o grupo de teatro Andoriña, da A.C.G. Rosalía de Castro, puxo en escena a obra de teatro ‘O Menciñeiro á forza’, unha adaptación da obra de Moliére ‘Le medecín malgre lui’, de Xosé Manuel Carballo, crego e escritor, daquela docente no Seminario de Mondoñedo, fixo no ano 1996.

Unha obra cuio argumento rescata unha secular tradición con especiais artes para convencer, medio magos, rivais da igrexa e que pasaron á historia, segundo o crítico Xulio Xic, “cunha lenda que os condenaba como xente ruín”.

O grupo de teatro Andoriña, coa reposición desta obra, xa que con ela debutou hai xa máis de trinta anos, quixo render unha homenaxe a fundadora e directora Amelia López que nos deixou en 2017 e tamén a Antonio Meixide un dos actores e cómicos do grupo desde a súa fundación ata o pasado ano que finou.

O evento tivo lugar no Auditorio de ‘Sant Ildefons’ de Cornellà, e contou coa asistencia de numerosos socios e amigos da entidade galega, así como as principais autoridades municipais e tamén representantes doutras entidades galegas de Catalunya.

Nesta representación da compañía Andoriña comeza una nova etapa, sen dous dos principais compoñentes, pero tamén con novas incorporacións e xente xoven, todos eles socios da entidade, que seguirán levando a cabo a tan ilusionante tarefa de divulgación do teatro galego en terras catalans. Na obra participaron os seguintes actores: Manuel Rodríguez Julián, Divina Vázquez, Armando Fernández, Xulio Couxil, Marisa Álvarez, Ermitas Regueiro, José Martín Martín, Rosaría Pérez, Rosario Márquez, Gisela Rodríguez y Ricardo Pérez. Como apuntadora: Rosario Pérez; y como tramoista: Antonio Rodríguez Cancio.