A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya adicou as Letras Galegas un mes cheo de actividades

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat) ven de celebrar o mes das Letras Galegas, adicadas este ano á figura de Filgueira Valverde. Dende finais do mes de abril, coa celebración do Sant Jordi ata a presentación da revista ‘Alborada-Galicia en Catalunya’ este pasado 26 de xuño, foron sucedéndose un sen fin de actos culturais arredor da cultura galega en Catalunya.

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya adicou as Letras Galegas un mes cheo de actividades
IMG_1374
Os aires galegos deixaronse notar no Concello de Barcelona.

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat) ven de celebrar o mes das Letras Galegas, adicadas este ano á figura de Filgueira Valverde. Dende finais do mes de abril, coa celebración do Sant Jordi, onde o Centro Galego de Barcelona puxo un estand nas ramblas de Barcelona xunto coa Asociación Galega de Editores, ata a presentación da revista ‘Alborada-Galicia en Catalunya’ este pasado 26 de xuño, foron sucedéndose un sen fin de actos culturais arredor da cultura galega en Catalunya.

O venres 8, o sábado 9 e o domingo 10 de maio, tivo lugar no distrito de Sant Martí a tradicional festa de Cova da Serpe, adicada este ano ao Concello de Pol (Lugo), onde actuaron  os grupos galegos ‘Aires Galegos’, da A.C.G. Alborada da LLagosta, Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, Avoengo do Centro Galego de Barcelona, A.C.Galega Cova da Serpe, entre outros.                 

Tamén se celebraron os tradicionais cursos de danzas Celtas no Centro Galego de Barcelona: talleres de unión entre as Danzas Celtas de Irlanda, Galicia, Bretaña e Escocia. O día 15 presentouse o documental sobre Celso Emilio Ferreiro ‘100%. CEF’ coa intervención do director do documental, o celanovés Aser Álvarez.

O sábado día 16 tivo lugar no Saló de Cent e de Cròniques do Concello de Barcelona o ‘Día das Letras Galegas’, a cargo do catedrático da UB e académico de honor da Real Academia Galega, Basilio Losada, acto ao que acudiron máis de trescentas persoas. Rematando o acto no Concello, tivo lugar a tradicional Cea de Irmandade do Centro Galego de Barcelona, onde se homenaxearon aos socios que cumpriron 25 e 50 anos, como foron: Mª Carmen Cabanela Rego, Emilio Santos Vilariño, Manuel Salgado Oro, Alfonso Freire Gestoso, Alfonso Pérez Guerra, Mecanizados Luam S.A., Rías de Galicia S.A. Unipersonal, Ramón López Araujo. A dita cea acudiron os presidentes de todas las entidades que compoñen a Fegalcat ou representantes das mesmas, así como o presidente da Fecarecat ( Federación de Casas Regionales de Catalunya), Julio Ríos, e o presidente da Casa de Madrid, que fixo entrega ao presidente do Centro Galego da Medalla da súa entidade, lembrando a relación que historicamente mantiveron estas entidades.

O día 17 de maio, o secretario da Fegalcat acudiu a Pontevedra ao homenaxe da Real Academia Galega ao catedrático Filgueira Valverde, mentres que A.C. Galega O Botafumeiro de Cerdanyola realizou unha conferencia a cargo da poeta e tradutora Pura Salceda sobre as Letras Galegas.

O venres 22, ás 19:00, na Sala Prieto Nespereira, tivo lugar unha lectura de poesías galegas e a presentación do libro ‘Viaxe sen retorno’, do antropólogo Manuel Mandianes. E o sábado 23, no Centro Galego de Tarragona, presentouse o mesmo libro, que contou coa asistencia máis dun centenar de persoas.

O venres 5, o sábado 6 e o domingo 7 de xuño, tivo lugar a XXX Festa Galega das Nacionalidades e Comunidades Históricas da Irmandade Galega A Nosa Galiza de Mollet, continuando o venres 12 coa presentación no Centro Galego de Barcelona do Proxecto Mougás (Terras de Mougás), que ten como obxectivo reverter o agresivo impacto dos últimos 50 anos cunha xestión forestal sustentable, a recuperación da identidade e o pasado, a creación de recursos turísticos e a dinamización social, cultural e económica.

O sábado día 13 tivo lugar o Festival de Fin de Curso do Centro Galego, coa a participación dos talleres de pandeiretas, banda, acordeóns, baile, tarañolas, pandeiro e cantos tradicionais galegos. Finalizou o mes das Letras Galegas coa presentación da revista ‘Alborada’, que vén editando o Centro Galego de Barcelona dende 1948, agora tamén chamada ‘Galicia en Catalunya’, recuperando o nome da revista da mesma entidade entre 1929-1931 e feita en común polas entidades que compoñen a Fegalcat.