A Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña celebrou as Letras Galegas

Este pasado fin de semana, 21 e 22 de maio, a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (FEGALCAT), celebrou, como ven sendo habitual cada ano, o Día das Letras Galegas 2016, adicado este ano ao escritor Manoel María.

A Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña celebrou as Letras Galegas
Fegalcat69
A coral 'Lonxe da Terra', nunha das súas actuacións.

Este pasado fin de semana, 21 e 22 de maio, a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (FEGALCAT), celebrou, como ven sendo habitual cada ano, o Día das Letras Galegas 2016, adicado este ano ao escritor Manoel María.

O sábado 21 tivo lugar una conferencia a cargo de Basilio Losada, ‘O compañerismo de Manoel María e o gran amor a Saleta’, na sede do Centro Galego de Barcelona coa presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, na que o catedrático ilustrou aos presentes sobre a vida e a obra do poeta homenaxeado este ano pola Real Academia Galega coa dedicacións das Letras Galegas. O presidente do Parlamento Galego agradeceu ao Centro Galego ser foco de galeguismo histórico e remarcou o agradecemento que lle debe Galicia a súa diáspora.

 O domingo 22, en Tarragona, na sede do Centro Galego membro da AGALCAT, o historiador Manoel Carrete foi o encargado de pronunciar unha conferencia tamén referida ao homenaxeado Manoel María.

Ámbolos dous actos foron musicados pola Escola Gaitas e Danzas ‘Toxos e Xestas’ de Barcelona e a coral ‘Lonxe da Terra’, do Centro Galego de Barcelona.

Todas as conferencias foron moi concorridas excedendo a de Barcelona de máis dun cento de persoas.