A festa foi un éxito, e xa se agarda a vindeira festa galega no mes de xuño

O Centro Galego Nós de Sabadell ven de celebrar a terceira edición da Festa do Lacón

O Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona), que preside Manuel Vázquez, ven de celebrar a terceira edición da Festa do Lacón, un evento gastronómico que pretende por en valor os principais produtos da gastronomía galega na cidade de Sabadell.

O Centro Galego Nós de Sabadell ven de celebrar a terceira edición da Festa do Lacón
III festa do lacon (2)
Numerosas persoas participaron da Festa do Lacón.

O Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona), que preside Manuel Vázquez, ven de celebrar a terceira edición da Festa do Lacón, un evento gastronómico que pretende por en valor os principais produtos da gastronomía galega na cidade de Sabadell.

As actividades comezaron o venres 9 de marzo pola tarde coa inauguración dunha feira multisectorial no ‘Eix Macià de Sabadell’, na que puidéronse mercar produtos típicos da gastronomía galega: empanada, chourizos, touciño, tartas de Santiago e moitos outros produtos da terra. Tamén se puideron mercar produtos de artesanía de prata, pel e outras moitas cousas.

Pola noite fíxose o tradicional pica pica de autoridades que contou coa asistencia das casas rexionais de Sabadell, representantes políticos do PSC, Pdcat, ERC, PP e Ciudadanos.

Tamén asistiu á inauguración da festa o alcalde do Concello, Matías Serracans. Na benvida, o presidente da entidade, Manuel Vázquez, aproveitou para darlle as grazas a todos os asistentes por participar no evento e especial a todos os presidentes das casas rexionais de Sabadell, por darlle a confianza e votalo como novo presidente de FECUS (Federación de Entidades Culturais de Sabadell).

Durante toda a fin de semana as actividades estiveron amenizadas polos gaiteiros do Centro Galego Nós, Dúo musical, así como a cantante lírica Karol Luque.

O domingo, as 14 horas, fíxose o tradicional xantar de socios.

A festa foi un éxito, e xa se agarda a vindeira festa galega, que se fará no mes de xuño.

Por outra banda, o presidente do Centro Galego Nós, Manuel Vázquez Osorio, foi elixido novo presidente da Federación de Entidades Culturais de Sabadell, que agrupa ás casas rexionais asentadas na cidade.

A xunta directiva inclúe ó exconcelleiro e portavoz socialista Ramón Burgués, como vicepresidente. O secretario é Manuel Carballos, e a tesoureira, Imma Gálzez. A xunta complétase con catro vocais: Andrés Martos, Carmelo Moreno, Joaquín Penas e Julia Requena, cada un representantes de diferente casas rexionais de Sabadell.