O Centro Galego Nós de Sabadell celebrou o día de homenaxe aos socios como despedida do curso

O Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona) celebrou, o pasado fin de semana, o día de homenaxe aos socios como despedida do curso. O acto comezou coa celebración dunha misa en honor e lembranza aos socios que pasaron pola entidade e xa non están.

O Centro Galego Nós de Sabadell celebrou o día de homenaxe aos socios como despedida do curso
Centro Nos de Sabadell
O día de homenaxe aos socios no Centro Nós tivo unha boa acollida.

O Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona) celebrou, o pasado fin de semana, o día de homenaxe aos socios como despedida do curso.

O acto comezou coa celebración dunha misa en honor e lembranza aos socios que pasaron pola entidade e xa non están.

Logo do acto relixioso, celebraron nas dependencias do Centro o tradicional xantar de fin de curso, co que cada ano da comezo ao período de vacacións, e ao que asistiron a redor dun centro de socios, así como diversas autoridades municipais e representantes de entidades socioculturais da cidade de Sabadell, e tamén doutras entidades galegas de Catalunya.