A SÚA CHARLA FOI ‘GALEGOS EN CATALUNYA CONSTRUÍNDO UN PAÍS DENDE A CONVIVENCIA’

Carlos Sixirei, profesor da Universidade de Vigo, deu unha conferencia na sede da ‘Rosalía de Castro’ de Cornellà

| 22 Diciembre 2017 - 09:44 h.
Numeroso público deuse cita para escoitar a charla de Sixirei.
Numeroso público deuse cita para escoitar a charla de Sixirei.

O profesor da Universidade de Vigo Carlos Sixirei Paredes (que foi subdirector xeral das Comunidades Galegas no Exterior da Xunta nos anos 2005-2009) deu unha conferencia, o día 17 de decembro, na sede da A. C. G. Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) baixo o título ‘Galegos en Catalunya construíndo un país dende a convivencia’.

Na súa charla cos socios e amigos da entidade, que encheron a sala de actos, agradeceu que fose convidado a dar esta conferencia, xa que a ‘Rosalía de Castro’ de Cornellà tenlle unha estima especial dentro das entidades galegas do exterior, pois aquí foi onde celebrou o seu primeiro acto público como subdirector das Comunidades Galegas, asistindo a concesión dos premios do Certame Literario.

Logo, na súa charla, que foi moi amena e aclaratoria, foi contundente ao defender a aportación dos galegos que viñeron a Catalunya na construción dun país pluricultural próspero e punteiro dentro do Estado e que agora está en perigo de que sexa relevado e degradado por culpa da irresponsabilidade dos seus dirixentes deste últimos anos. Tamén reivindicou de que non se pode seguir construíndo una sociedade moderna e democrática en Catalunya sen ter en conta a tódolos que aquí están, que no seu día viñeron de diferentes lugares do Estado e se integraron, polo tanto son partícipes activos da construción económica e social de Catalunya.

O presidente da entidade, Oliver Fernández, agradeceu a súa aportación como as das compañeiras de mesa, que foron Recio García (primeira tenente de alcalde de Cornellà, e a deputada de Cultura Popular do Parlamet de Catalunya polo PSC e alcaldesa de Vallirana, Eva Martínez Morales, ámbalas dúas participaron no acto aportando as súas experiencias, dende os cargos que ocupan.

Sixirei tamén estivo arroupado, ademais dos asistentes ao acto, coas entidades e xentes vidas de fóra de Catalunya e aquí hoxe forman parte con pleno dereito de ser protagonistas da contrición dun país moderno e onde todos os seus habitantes teñan os mesmos dereitos, procedan de onde procedan, e animaron a tódolos asistentes a seguir traballando como ata agora por Catalunya, sen renunciar as súas orixes xa que non é incompatible.

Para finalizar, o presidente da entidade desexou a tódolos socios e amigos e demais entidades presentes no evento un bo remate de ano e bos desexos para o próximo, convidando a compartir uns viños galegos ofrecidos como despedida do ano, xa que, segundo dixo despois do xoves que todos teñen que ir a votar, logo xa comezamos repartirnos entre Cataluña e moitos de nós Galicia para pasar o Nadal coas familias.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Libros de Crónicas de la Emigración

Hemeroteca