A asociación cultural galega Saudade celebrou o concerto anual de corais

A asociación cultural galega Saudade celebrou o día 14 de decembro na Parroquia de Sant Francesc Xavier o concerto anual de corais. Neste encontro, ademáis da participación da coral da asociación Saudade, participaron dúas corais invitadas: a coral Parc de la Vall d´Hebron e a Coral Silene.

A asociación cultural galega Saudade celebrou o concerto anual de corais
Saudade.Concerto corais 1
Unha das corais, durante a súa actuación.

A asociación cultural galega Saudade celebrou o día 14 de decembro na Parroquia de Sant Francesc Xavier o concerto anual de corais. Neste encontro, ademáis da participación da coral da asociación Saudade, participaron dúas corais invitadas: a coral Parc de la Vall d´Hebron e a Coral Silene.

A primeira coral en romper o xeo foi a coral Parc de la Vall d´Hebron, unha coral creada no ano 1994 por un grupo de veciños do barrio amantes da música e que hoxe se inclúe como unha entidade máis dentro do Casal de Barri Can Travi. Esta coral, dirixida por Manana Kakhidze, cantou cancións como ‘Villancico cordobés’, ‘Viva llum d´alba’ ou ‘Santa nit’.

A seguinte coral en deleitar ó público coas súas voces foi a Coral Silene, pertencente a Sils, na comarca da Selva na provincia de Girona. Esta coral, creada no 2008, forma parte da Asociación Recreativa e Cultural ‘La Laguna’. Dirixida dende os seus inicios por Fina Valéncia, na súa actuación interpretaron temas tanto catalanes como ‘Les campanes’ e ‘Joia en el món’ como o tema en galego ‘Rosalía’.

A coral en cerrar este encontro foi a coral de Saudade. A coral da asociación foi creada nos anos noventa ampliando así a oferta artística da entidade. Dende entón, xunto coas exhibicións na propia entidade, ten participado en mostras, concursos e en diversos encontros de corais en Catalunya. O repertorio da coral de Saudade básase en cancións tradicionais galegas que se cantaban nas festas ou acompañando calquera traballo do campo ou do mar. Pero tamén teñen cancións doutras culturas que se foron incorporando ó repertorio pola súa afinidade con nós. A coral está dirixida actualmente por Irene Delgado e nesta ocasión poideronse escoitar cancións como ‘Baila nena’, ‘Due pupile amabili’ ou ‘Adeste Fideles’.

O encontro resultou ser un gran éxito.