O acto tivo lugar despois dunha multitudinaria Cea de Irmandade

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou a tradicional Verbena do San Xoán

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou o pasado día 23, como cada ano, a tradicional Verbena do San Xoán, á que acudiu numeroso público. O acto tivo lugar despois dunha multitudinaria Cea de Irmandade celebrada na rúa perante á entidade, á que acudiron máis de douscentos comensais.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou a tradicional Verbena do San Xoán
VERBENA SAN XOAN 2016 (5)
A orquestra 'Tropykana' amenizou a verbena.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá celebrou o pasado día 23, como cada ano, a tradicional Verbena do San Xoán, á que acudiu numeroso público.

O acto tivo lugar despois dunha multitudinaria Cea de Irmandade celebrada na rúa perante á entidade, á que acudiron máis de douscentos comensais para degustar un suculento menú composto por: empanada galega, lacón con cachelos e chuletón galego ou bacallau, segundo gustos, regado con viños da Ribeira Sacra e de postre Coca, popular torta aquí en Cataluña polo San Xoán.

Para rebaixar as calorías enxeridas tivo lugar a tradicional verbena que durou ata altas horas da noite, amenizada pola orquestra ‘Tropykana’, da que disfrutaron máis dun milleiro de persoas socios e amigos da Asociación e tamén veciños de Cornellá, especialmente do Barrio de Gabarra que é onde se atopa a sede da entidade, que celebraron así a chegada do “solstilicio do verán” ou a noite máis corta do ano que marca o comezo da estación estival.

En Cataluña a noite de San Xoán é unha das noites máis máxicas. A noite do 23 de xuño marca o inicio de todas as festas estivais, é noite de verbenas, de fogueiras, cocas. Existe unha gran tradición en tódolos pobos de Cataluña onde se mesturan costumes pirenaicos e mediterráneos, célticos e romanos, pagáns, cristiáns e laicos, rurais, urbanos e ancestrais.

Nos anos 70, proclamouse como ‘diada’ nacional dos ‘Países Cataláns’, pola común tradición de realizar fogueiras: cada ano, grupos de xente levan –como a chama olímpica– o lume dunha fogueira para o monte do Canigó, de aldea en aldea, para acender as fogueiras de vilas e cidades.