A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella celebrou o Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, celebrou, o sábado 21 de maio, o Día das Letras Galegas 2016, dedicado ao poeta Manuel María, organizando o IV Filandón de Rosalía un evento dirixido polo cantautor, socio da entidade, Alfredo González e no que se levan a termo diversas actividades, artísticas e literarias.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella celebrou o Día das Letras Galegas
Lamela gm  (3)
A parte musical correu a cargo dos cantautores Alfredo González e Mariano Alonso.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que preside Oliver Fernández Expósito, celebrou, o sábado 21 de maio, o Día das Letras Galegas 2016, dedicado ao poeta Manuel María, organizando o IV Filandón de Rosalía un evento dirixido polo cantautor, socio da entidade, Alfredo González e no que se levan a termo diversas actividades, artísticas e literarias.

Nesta ocasión, o tema principal foi a presentación do libro ‘A Virxe do Xurés’, escrito por Xosé Lamela Bautista, unha obra na que narra una monografía histórica descritiva da Hermida da Virxe do Xures e o seu contorno xeográfico e cultural, froito dunha intensa investigación antropolóxica en torno a o santuario, feita polo autor, durante os últimos tres anos e narrada neste libro que ven a completar aquel outro libro que xa el mesmo publicou hai uns anos titulado ‘El Xurés y sus misterios’. Neste libro, Xosé Lamela debulla tódalas historias, lendas e realidades acontecidas en torno as campas máxicas do santuario de Principio do Mundo tal como discreve o seu prologo do tamén arraiano Aser González.

Un libro obrigado de ler para coñecer de primeira man todo o entorno máxico como é o Parque Natural do Xurés, con tódalas súas peculiaridades, paisaxísticas, culturais e antropolóxicas, un lugar para visitar e coñecer a riqueza natural desta comarca de Galicia.

Xosé Lamela Bautista, nado na localidade de Riocaldo Lobios, en 1973, emigrou a Barcelona onde desenvolveu a súa vida profesional no sector de hidrocarburos, aproveitando os seus estudos de Ingenería Técnica Industrial, na empresa OHL dirixindo proxectos cunha significativa participación na construción da rede nacional de gaseoductos, entre os que destaca a dirección do primeiro oleoduto entre a A Coruña e Vigo.

En 2007 pediu a excedencia para incorporarse as filas do PSG, onde foi elixido alcalde de Lobios, na actualidade está xubilado e dedicase a súa paixón literaria e sociocultural.

Publicou o ensaio histórico ‘El Xurés y sus misterios’, así como numerosos traballos de investigación sobre o Xures Galego e o Gerês Portugués en diversas revistas galegas, ‘Auria’, ‘Arraianos’, ‘Nós’, ‘Xurdimento’ e ‘Lúa Nova’, entre outras. Con máis dun millar de artigos de opinión publicados en diversos periódicos, é colaborador de ‘La Región’ e ‘Geresâo’ (Portugal).

Desde 2004 é membro do xurado do Certame Literario Rosalía de Castro, dirixe e presenta desde o ano 2000 ó 2004 o programa de radio en galego ‘Sempre en Galiza’ do que sigue a ser colaborador formando parte do seu equipo de redacción.

Presidente fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Riocaldo e da Plataforma en defensa de Riocaldo. É xuíz honorario de Parque do Xures.

No referido ao homenaxeado este ano coas Letras Galegas, o profesor Xulio Couxil foi o encargado de  ilustrar aos presentes no acto, que éncheo a sala de actos da entidade organizadora, cunha charla na que debullou a vida persoal e literaria do poeta escritos homenaxeado, Manuel María con lectura de poemas seus e outras fitas de carácter persoal que viviu co homenaxeado e coa súa obra.

A parte musical correu a cargo dos cantautores galegos residentes en Barcelona, Alfredo González e Mariano Alonso que coas súas guitarras e voz lle puxeron música ao evento. Con presentación por parte de Alfredo González, en primicia, da peza musical que el mesmo compuxo, letra e música, para acompañar ao libro do amigo Lamela, e que tamén se titula A Virxe do Xures. No recital musical interpretaron pezas con letra de Manuel María que el aranxou musicalmente, así como outras de autoría propias, rematando con pezas como a ‘Negra Sombra’ de Rosalía de Castro e o Ino Galego versionadas polo cantautor.

O acto rematou cun ágape ofrecido pola entidade a tódolos asistentes e un brindis con viño galego.