Recadáronse 2.000 kilos de alimentos

Airiños da Nosa Galicia celebra un Día das Letras Galegas solidario en Santa Coloma de Gramanet

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) ven de celebrar o seu 32º aniversario cunha gran Festa Galega de catro días no Parque Europa da Cidade, na que se puideron degustar todo tipo de produtos galegos, así como actuacións musicais de grandes orquestras e grupos de danza tradicional e popular galega e doutras comunidades autónomas.

 

Airiños da Nosa Galicia celebra un Día das Letras Galegas solidario en Santa Coloma de Gramanet
Santa Coloma.Airiños1
Numeroso público participou na gala solidaria.

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) ven de celebrar o seu 32º aniversario cunha gran Festa Galega de catro días no Parque Europa da Cidade, na que se puideron degustar todo tipo de produtos galegos, así como actuacións musicais de grandes orquestras e grupos de danza tradicional e popular galega e doutras comunidades autónomas.

Cunha grande concorrencia de veciños da cidade e de galegos residentes na provincia de Barcelona, se celebrou tamén o Día das Letras Galegas cunha gran gala solidaria o 17 de maio, no Teatro Sagarra de Santa Coloma de Gramanet.

Tratouse dun acto solidario de recollida de alimentos no que o grupo de teatro Ramboia puxo en escena o musical ‘Brillantina’, todo un éxito con excepcional coreografía, escenografía, vestiario e deseño gráfico, cunha fermosa posta en escena dos protagonistas, os actores que forman parte do grupo Ramboia, alumnos de Airiños da Nosa Galicia.

Coincidindo co día das Letras Galegas, Airiños puxo en valor a exaltación e promoción da cultura galega como ven facendo ano tras ano cada 17 de maio lembrando a figura homenaxeada este ano, Xosé Filgueira Valverde.

No evento recolléronse 2.000 kilos de alimentos entregados a ONG de Mossen Agustí Viñas para que os faga chegar ás persoas máis necesitadas da cidade. Unha mostra máis da sensibilidade e solidariedade de Airiños da Nosa Galicia coa xente máis necesitada.