A Asociación Rosalía de Castro entregou os premios do seu Certame Literario

O pasado sábado, día 1, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2012, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acada a súa 26ª edición, na modalidade de poesía, e a 9ª en narrativa.
A Asociación Rosalía de Castro entregou os premios do seu Certame Literario
Xosé Lamela, nun nomneto da súa intervención.

O pasado sábado, día 1, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2012, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acada a súa 26ª edición, na modalidade de poesía, e a 9ª en narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Cruz Martínez Vila en poesía polo seu poema ‘Contemplo o proceso inevitábel da despedida’. E na modalidade de narrativa, Tito Pérez Pérez polo seu traballo ‘Ensaio encol da liberdade’.                  

Os premios entregaronse no transcurso dunha gala celebrada nas dependencias da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornella, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso Rico García, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornella e delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña. Acto que foi precedido dunha conferencia na que o escritor i exalcalde de Lobios (Ourense) Xosé Lamela Bautista fixo unha exhaustiva exposición das veleidades do parque natural do Xures.

O xurado de esta 26ª edición estivo composto por: Xosé Lamela Bautista, escritor; Domingo Tabuyo Romero, Eescritor e profesor; Xulio Simón Rúa, profesor e escritor; Xulio Couxil Vázquez, profesor e director de ‘Sempre en Galiza’; e Xosé Carlos G. González, filólogo e escritor.

Na modalidade de poesía en lingua galega, os gañadores foron os seguintes:

Primeiro premio: Cruz Martínez Vila, de Vigo, polo seu poema titulado ‘Contemplo o proceso inevitábel da despedida’. Dotación, 500 euros.

Segundo premio: Yolanda López López, de Ourense e residente en Madrid, polo poema ‘Necrópoles de soños’. Dotación, 300 euros.

Terceiro premio: Anxo Mena Rodríguez, de A Coruña, polo seu traballo ‘Vou deixarme de espiar’. Dotación, 200 euros.

Na modalidade de narrativa o mesmo xurado concedeu o premio do Certame Rosa Reboredo, ao traballo en galego presentado por Tito Pérez Pérez, de A Coruña, polo seu traballo ‘Ensaio encol da liberdade’. Dotación 500 euros.

Tamén se concedeu unha mención especial ao traballo en catalán presentado por Ángel Fabregat i Morera titulado ‘Els herois malvats’.